LUGOTUR: Turismo y ocio en Lugo: hoteles, restaurantes, playas, rutas, alojamiento, agenda cultural, y mucho más
jueves, 09 de septiembre de 2010
¿Qué quieres buscar? Por Municipio ¿Te apetece algo especial?

Rutas por la provincia de Lugo


Ruta en Outeiro de Rei (Terra Cha): Isla de Cela


La isla más grande del curso alto del Miño

Esta ruta está deseñada para facer a pé, pero é un percorrido tamén apropiado para a bicicleta de montaña, cun pouco de habilidade. A Illa de San Roque (tamén coñecida coma Illa de Cela, polo pobo máis achegado) é unha área representativa dos humectais da Terra Chá. É unha das máis grandes e interesantes illas do curso alto do Miño.

É un lugar moi fermoso, polo que o paseo xa é de por si agradecido, pero a iso engádeselle un interese ecolóxico especial, pois ademáis de ser un elemento característico da zona, na illa de San Roque aniñan no inverno moitas aves que foxen do norte de Europa, que se poden contemplar nun espacio totalmente natural. Pero quizais o máis salientable, polo que atinxe á fauna, é a gran cantidade de patos que hai arredor da illa e que se atopan case ó alcance da man.

Aínda que hai pasteiras e mesmo algúns cultivos, como o millo, San Roque é un auténtico bosque composto de carballeiras e chousas e mesmo se pode atopar acivro.

O inconveniente que presenta o paseo proposto é que non é válido para todo o ano. Dende mediados de novembro ata xaneiro a humidade é moi abondosa, e a insua atópase prácticamente anegada, cando menos en gran parte dos camiños que constitúen a ruta.

O paseo proposto é doado de facer (é moi útil guiarse polo propio río) pero ós intrépidos pódelles resultar moi estimulante perderse no interior desta agarimosa illa.

plano de la ruta | imprimir ruta

LUGOTUR es una producción de Desarrollos Lugonet, S.L. - San Roque, 4. 27002 LUGO - lugonet@lugonet.es